Wednesday 08 de May de 2024

O venres abre a pista de xeo en Perillo


O vindeiro venres 1 de decembro o Concello abre a pista de xeo que estará instalada na polideportiva da avenida da II República, no alto de Perillo.

 

O horario será de luns a xoves de 16:45 a 21:30 h, o venres de 16:00 a 23:00 h e a fin de semana de 11:00 a 22:45 horas. Durante as vacacións escolares, a pista abrirá de 11:00 a 22:45 todos os días, agás o 24 e o 31 (de 11:00 a 18:15 h) e o 25 e o 1 de xaneiro, que abrirán só pola tarde, de 18:30 a 22:45 h.

 

O acceso á pista durante media hora custará 6 euros. Os patíns están incluídos, as lubas non.

 

Ademais, partir do día 4, o Concello levará polas mañás o alumnado dos colexios á pista de xeo. Será unha actividade que financiará o Concello na súa totalidade.